LUAR NA LUBRE

O Son das Augas

As augas en Galicia son un dos elementos naturais máis venerados dende tempo inmemorial, a propia auga da chuvia, a das fontes, a dos ríos, dos regatos ata o do propio mar sempre tiveron propiedades beneficiosas que pasan por ser dende máxicas, prolíficas, curandeiras ata mesmamente fecundantes.
Esta é a historia dunha gota de chuvia que cae no río Xallas e que no seu transcurso desemboca no Atlántico a través da fervenza do Ézaro no Pindo e que xa alí as correntes fan que chegue ás costas de Brasil.